R facilita o acceso a parte da súa oferta televisiva dende ordenadores e dispositivos móbiles

mércores, 30 de abril do 2014 Marcus Fernández

A televisión de R vista a través dun smartphone con Android

Nos últimos anos os hábitos de consumo audiovisual están a mudar de xeito significativa, gañando cada vez máis peso as pantallas alternativas ao televisor, e conscientes diso dende as plataformas de televisión de pagamento están a operar plataformas como Canal+ Yomvi e Movistar TV, polo que compañías máis modestas como R tamén teñen que mover peza, e hoxe estrean unha nova prestación para os seus clientes que teñan contratado o servizo de televisión, que permitirá acceder a os contidos televisivos dende o móbil, o tablet ou ordenador.
Este novo servizo está en fase de probas e ofrece inicialmente 19 canles que poderán verse a través a través da web da compañía de cable, ofrecendo sinais televisivos de ata 2 Mbps (podendo reducirse a velocidade para adaptarse á velocidade de Internet que se teña contratada), estando estes contidos en definición estándar, agás Eurosports, que poderá verse en alta definición.
As emisións a través da Rede permitirán elixir se queremos ver os contidos na súa versión dobrada ou en versión orixinal, permitíndose o acceso ao servizo a ata 5 usuarios simultáneos no fogar sen límite de tempo, aínda que fóra da casa terá unha limitación de 7 horas/mes, pois é un complemento do servizo de televisión e non un substituto do mesmo.
Agárdase que máis adiante vaian ampliando o número de canles dispoñibles e abran tamén o acceso ao rebobina a través deste tipo de acceso baseado na web.

Este servizo en probas limítase inicialmente a 19 canles
Dende o ordenador podemos acceder ao servizo televisivo identificándonos como usuarios de R

PUBLICIDADE