R destacou entre as buscas en Google no mes de agosto

xoves, 27 de setembro do 2007 Marcus Fernández

Google publica periodicamente unha listaxe de buscas populares e curiosas no seu sistema, e durante o mes de agosto amosou toda unha sorpresa, pois a primeira busca destacada foi «mundo-r» que é o dominio puntocom da empresa galega de cable R, o que sorprende especialmente porque só opera en Galicia, o que podería indicar o crecente interese pola compañía ante novidades como a incorporación da televisión dixital á súa oferta de contidos.
Agora, ben, hai que lembrar que o Zeitgeist de Google elimina da súas listaxes as buscas relativas ó sexo, e publica as buscas que gañan máis popularidade, pero actualmente Google está deixando de empregar oficialmente esta plataforma como referente, xa que teñen unha versión moi mellorada, Google Trends, que permite consultar os seus Hot Trends, aínda que polo momento só se aplica ós EE.UU.

PUBLICIDADE