R desprega a súa infraestrutura no concello de Brión

xoves, 13 de novembro do 2008

Mañá venres, 14 de novembro, ás 11:00 horas, o alcalde de Brión, Xosé Luís García, reunirase co delegado provincial da Consellaría de Innovación e Industria, Luís Barcia mailo conselleiro delegado de R, Arturo Dopico, para dar detalles do acordo polo que se está a despregar a infraestrutura de fibra óptica neste concello.
Dende este mes de novembro os veciños do Concello de Brión que o soliciten poderán recibir os servizos do operador galego.

PUBLICIDADE