R comeza a ofrecer tarxetas nanoSIM para o iPhone 5

luns, 10 de decembro do 2012 Marcus Fernández

O operador galego R dentro da súa oferta de terminais móbil conta xa co iPhone 5 de 16 Gb a prezos que van dende os 0 até os 549 euros, e para que os usuarios que opten por facerse con tal smartphone sen ter que cometer a ousadía de recortar a súa tarxeta SIM ou microSIM para adaptala ao novo móbil de Apple dispoñen agora de tarxetas nanoSIM, que agardan que en breve cheguen ás tendas de R, pero que polo momento poden solicitarse por correo electrónico ou a través da páxina web de clientes da compañía.
R continúa a fornecer a súa oferta de móbiles, e durante este mes oferta por 0 euros os móbiles Sony Xperia tipo, J, P e S para quen contrate liñas móbiles cunha tarifa de 9, 19, 29 e 39 euros/mes respectivamente, contando tamén con móbiles bastante populares como os iPhone 4/4S/5, o Samsung Galaxy S III e o Samsung Galaxy Note, polo que optar polo operador galego xa non significa dicir adeus a facerse dun smartphone de primeira liña.

PUBLICIDADE