R baixa os prezos do seu servizo de alta definición

venres, 11 de outubro do 2013 Redacción

A operadora R anunciou este xoves unha baixada nos prezos do seu servizo en alta definición (HD), unha mellora para os clientes nas facturas mensuais que ademais levarase a cabo de xeito automático, sinala a compañía galega. Así, para os que teñen a opción series HD, en troques de pagaren 12€/mes (14,52€ con IVE) sobre a opción antena, a opción series HD pasará a custar 10 euros ao mes (12,1€ con IVE). A redución lévase a cabo de xeito automático e dende xa.
Para os clientes que teñan TV R ou TV total con canles en alta definición, tamén vai mellorar o prezo a partir do día 20 de outubro. A primeira das opcións, a TV R HD, cunhas 85 canles (16 en HD) pasará a custar de 23 a 20 euros ao mes (24,2€ con IVE) sobre a opción antena (os combos sen televisión de pagamento).
Polo que se refire aos usuarios de TV total HD, que ten 105 canles das que 20 son en alta definición, a rebaixa será de tres euros. Deste xeito, pasamos dos 33 euros sobre os combos antena aos 30 euros ao mes (36,3€ con IVE).

PUBLICIDADE