R achega co Venres Neghro con descontos para clientes e promocións de 19 euros para as novas altas

luns, 15 de novembro do 2021 S. P.

A operadora R presentou este luns 15 os detalles da súa campaña para a celebración do Black Friday, que inclúen en liñas xerais descontos en smartphones e GB sen límite de agasallo, durante tres meses, pola compra dun dispositivo. Por exemplo un Opp A54 (por seus euros ao mes durante dous anos), un Xiaomi 11 Lite 5G (por 13 euros ao mes) ou o Samsung Galaxy A52s (por 14 euros ao mes).
A campaña, que se desenvolve do 15 ao 30 de novembro, tamén vén con cousas interesantes para as novas altas, ás que a operadora ofrece un paquete de fibra con 300 Mbps con dúas liñas de móbil e GB sen límite, TV con deco 4K e fixo con chamadas 19 euros ao mes durante medio ano. A compañía ofrece tamén a posibilidade de acceder a un paquete de fibra de 1 Gbps polo mesmo prezo que o de 300 Mbps durante tres meses.

PUBLICIDADE