R amplía a súa oferta de entretemento engadindo Prime Vídeo

mércores, 30 de agosto do 2023 S. P.

A operadora de orixe galega R vén de anunciar o lanzamento dunha nova proposta de valor para que os clientes poidan gozar, en palabras da empresa, “do mellor contido de TV a través das principais plataformas de entretemento do mercado”. Deste xeito, a partir deste 30 de agosto a comunidade de usuarios de R desfrutarán de Prime Vídeo “coas mellores series e películas”, xunto con Netflix e a plataforma líder de deportes DAZN, que xa formaban parte da oferta da operadora.
R engade que “como parte da subscrición Prime e ademais da oferta de entretemento con Prime Video”, os membros de Prime poden “gozar de envío gratuíto en millóns de artigos, escoitar gratis máis de mil millóns de cancións e podcasts con Amazon Music, acceder de xeito ilimitado a centos de libros e cómics con Prime Reading, a contidos e xogos de balde con Prime Gaming, ofertas exclusivas como Prime Day, entregas de produtos de alimentación con Amazon Fresh e DIA en Amazon.es nas localidades seleccionadas, e moito máis”.
A nova oferta de contido de R está dirixida a “calquera que desexe un paquete de TV completo e flexíbel”, apunta a operadora, engadindo que a oferta permite elixir calquera opción de entretemento. “Esta nova proposta significa que os clientes poden combinar os servizos de Netflix e Prime no seu Combo Infinito ou elixir só Netflix; e ademais os seareiros do deporte tamén poden rexistrarse no servizo DAZN (Esencial ou Total) e engadilo ás plataformas de entretemento se o desexan. E todo isto, sempre nunha única factura”, engade R.
Volta ao cole e tres meses de entretemento sen custo adicional
Por outra banda, a comunidade de usuarios de R ten a oportunidade de probar calquera das opcións de entretemento e deportes sen custo adicional ningún durante tres meses se contratan o Combo Infinito antes do 30 de setembro, por 59 € ao mes. A partir do cuarto mes, o prezo aumentará en función das opcións de entretemento e deportes que elixan os/as clientes/as: 10 €/mes a opción de Netflix; 14 €/mes Netflix + Prime; 18,99 €/mes e 29,99 €/mes DAZN Esencial e Total, respectivamente.
Por un período de tempo limitado e sen custo adicional, R quere que “os clientes gocen do contido de películas, series e deportes das principais plataformas do mercado, e que poidan seleccionar a opción que mellor se adapte ás súas preferencias”.
A nova proposta, xunto con todas as vantaxes do Combo Infinito (velocidade con 300 Mb de fibra MAX, dúas liñas móbiles de 5G con GB ilimitados, unha liña con chamadas ilimitadas e TV Ocio con Deco 4K), achega en palabras da operadora galega “os servizos de telecomunicacións máis amplos e avanzados do mercado”, e ademais permite “adaptalos ás necesidades do consumidor”.
R alíase coas principais plataformas do mercado
Prime Video ofrece nos fogares unha ampla colección de películas, series e deportes, todos dispoñíbeis para ver en centos de dispositivos compatíbeis. Para gozar de series, películas e documentais en galego e en español como, por exemplo, Culpa miña, Sen pegadas, Mañá é hoxe, O castelo de Takeshi, Celebrity Bake Off España e LOL: Si te ríes, pierdes; os gañadores de Emmy La Maravillosa Señora Maisel e Lizzo’s Watch Out for the Big Grrrls, a serie de televisión The Boys, un drama satírico de superheroes nomeado aos premios Emmy, e os grandes éxitos AIR, O Señor dos Aneis: Os aneis do poder, Citadel, Tom Clancy’s Jack Ryan, Creed III, Shotgun Wedding, Némesis, 13 vidas, Todo sobre Ricardo, La guerra del mañana, Reacher e Un príncipe en Nueva York 2.
Os membros Prime tamén poden acceder a contido con licenza, e engadir canles como Atresplayer, DAZN, LaLiga SmartBank, FlixOlé, MGM+, AMC+, AContra+, MUBI, Hayu, Noggin e Qello Concerts.

PUBLICIDADE