R achega unha oferta rompedora de móbil, Internet e TV a 19 euros

mércores, 2 de setembro do 2020 S. P.

R vén de lanzar unha nova campaña que coincide con este punto de inflexión entre o verán, que xa enfía a recta final, e o inicio dun curso escolar que vén cheo de incógnitas pero que presenta unha clara certeza: medrarán as nosas necesidades de contar con Internet de calidade, datos, lecer dixital e demais servizos. Segundo apunta a operadora de cable galega, estamos ante unha “oferta rompedora” que se presenta como a promoción actual “co prezo máis competitivo do mercado”. Así, por 19 euros iniciais achégase telefonía fixa, móbil co triplo de GB (de 10 a 30 GB), Internet co dobre de velocidade e TV con deco 4K.
En palabras de R, trátase dunha nova mostra do “noso compromiso por ofrecer a mellor calidade de telecomunicacións aos prezos máis competitivos do mercado”. De cara a este lanzamento a firma preparou unha promoción excepcional para as contratacións exclusivas a través da canle online: coa liña principal con GB ilimitados, as/os clientes/as poderán dispor da segunda liña tamén con GB sen restricións durante 24 meses.
O obxectivo de R foi agrupar os catro servizos de telecomunicacións máis demandados. Ou sexa, xuntar telefonía fixa, Internet de 100 Mbps, móbil con 10 GB e TV Ocio con deco Android 4K, e presentar todos estes elementos “no paquete máis económico do mercado”, un pack a 53 euros como prezo definitivo cunha promoción de 19 euros durante os tres primeiros meses para novas altas, e Internet de 500 Mbps e móbil 30 GB de agasallo durante o primeiro ano.
Así mesmo, a firma unha nova promoción asociada á contratación de liñas adicionais para as/os xa clientes/as de R: un Samsung A31 por 0€/mes ao contratar a nova tarifa ilimitada 10 GB.

PUBLICIDADE