Queren pechar unha web que ofrece de balde revistas dixitalizadas

martes, 19 de agosto do 2008 Marcus Fernández

O número de xullo da revista Wired visto dende Mygazines

A web de Mygazines permite aos usuarios cargar revistas para a súa visualización a través dun lector en Flash de xeito que fai á experiencia de uso moi semellante á de ler unha revista en formato físico, pero como era de agardar, a web se encheu de revistas de pago ás que se pode acceder de balde, polo que agora esta web que aínda non ten un mes de vida xa se ten que enfrontar a denuncias por infracción dos dereitos de reprodución das revistas que achega, de xeito que a propia Time Warner está a buscar un xeito de retirar o servizo da Internet.
Quitar Mygazines da circulación pode ser algo complexo, xa que os denunciantes e prexudicados pola súa actividade son empresas norteamericanas, mentres que a empresa que xestiona o servizo está rexistrada na illa caribeña de Anguila e os seus servidores sitos en Suecia.

PUBLICIDADE