Qualcomm achegará conectividade 4G a móbiles básicos
luns, 20 de marzo do 2017
Qualcomm anunciou hoxe e Nova Delhi unha nova
xeración de procesadores móbiles, os Qualcomm 205, que sorprenden por
servir para levar conectividade e servizos 4G a teléfonos básicos, ou sexa, que
todos eses móbiles que non chegan a ser smartphones, poderÃan gozar das
elevadas velocidades de acceso á Rede mediante banda larga móbil e Wi-fi, asÃ
como gozar das melloras en calidade de audio que ofrecen as novas redes (VoLTE)
buscando asà satisfacer a demanda de móbiles básicos en mercados emerxentes
como a India, América latina e o sueste asiático.
A plataforma
Qualcomm 205 combina o uso dun modem LTE Snapdragon X5 que permite
velocidades de descarga de 150 Mbps e de subida de 50 Mbps (aà como
comunicacións con tecnoloxÃas de banda larga móbil de anteriores xeracións) e
servizos de voz sobre LTE e Wi-Fi, conectividade a redes sen fÃos (até Wi-Fi
N), Bluetooth 4.1, GPS e USB 2.0, podendo equiparse con procesadores de até
dobre núcleo a 1,1 GHz e memoria LPDDR2/3 até a 384 MHz, pantalla cunha
resolución VGA e cámara de até 3 MpÃxeles con gravación de vÃdeo até 480p, ou
sexa, unhas prestacións claramente insuficientes para un smartphone, pero máis
que dabondo para un móbil básico, que busque principalmente empregarse para
chamadas de voz e poida gozar dunha autonomÃa de varios dÃas cunha única carga.
Qualcomm confÃa en que esta nova plataforma chegue aos consumidores durante o
segundo trimestre do ano.