Publican o Mapa de Demanda Temperá que permitirá á CRTVG ofrecer contidos dixitais innovadores
luns, 3 de decembro do 2018
A AMTEGA vén
de publicar o Mapa de Demanda Temperá para deseñar unha plataforma de contidos
interactivos para a Televisión de Galicia, que ofrecerá aos máis novos
novas experiencias didácticas adaptadas aos hábitos de consumo actuais. Este
documento é o resultado das consultas preliminares ao mercado dentro do proceso
de Compra Pública Innovadora lanzado este ano por ambas entidades.
O Mapa recompila as ideas achegadas polas 20 entidades (empresas e agrupacións
de empresas) que participaron no proceso. Coa súa publicación anticÃpase ao
mercado o plan de contratación previsto pola AMTEGA á hora de licitar este
proxecto.
O seguinte paso será a publicación da licitación que está prevista para o
primeiro trimestre do ano 2019 por un importe máximo de 1.780.000 euros.
Contidos dixitais interactivos
Con esta iniciativa a televisión pública
autonómica contará cunha plataforma que lle permitirá ofrece contidos
divulgativos de ámbito cientÃfico e tecnolóxico para rapaces en idade escolar.
Empregará técnicas de Big Data e Intelixencia
Artificial que permitirán analizar os comportamentos da audiencia e crear
experiencias personalizadas.
Ademais, para mellorar a experiencia de
usuario incorporaranse as segundas pantallas, asà como a creación de contidos
especÃficos baseados nas últimas tendencias tecnolóxicas como a realidade
aumentada, realidade virtual, hologramas etc...
Plan DicoMindset
Esta iniciativa enmárcase no Plan de impulso ao sector dos contidos dixitais, DicoMindset, que está a desenvolver a AMTEGA, en colaboración con distintas entidades do ámbito público (IGAPE, CRTVG, AGADIC, etc.), que se estende tamén aos actores do ámbito privado (Clúster TIC, Clúster Audiovisual, empresas tractoras, etc.). En total, DICO Mindset conta cun investimento de máis de 13 millóns de euros, dos que máis de 1,6 millóns de euros se corresponden con capital privado, no perÃodo 2018-2020.