Psion quere evitar o uso da marca netbook na web

venres, 26 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Os ultraportátiles de baixo custo están a ser coñecidos coma netbooks, en boa medida pola teima de Intel de popularizar esta palabra e convertela nunha nova marca que defina esta categoría emerxente de equipos informáticos, o que non parece gustar a Psion, fabricante que comercializara distintos subnotebooks (equipos intermedios entre as PDA e os portátiles) empregando tal nome a comezos da presente década, polo que declara contar con distintas marcas rexistradas (incluso en Europa) e están a remitir notificacións a responsables de distintas páxinas web instándoos a eliminar o termo dos seus espazos electrónicos antes de marzo de 2009 ante a ameaza de futuras accións legais.
Este movemento de Psion resulta un tanto raro, xa que os seus netbooks levan fóra do mercado varios anos, e a compañía xa non se dedica á electrónica de consumo, polo que parece que se trata dunha mera operación desenvolvida por intereses económicos, para tirar proveito dunha marca sen explotar.


Videoanálise dun Psion Netbook

PUBLICIDADE