Prosegue a xira dixitalizadora da Deputación de Lugo, que chegou apoio a 2.000 pemes e autónomos

luns, 6 de maio do 2024 S. P.

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, visitou este luns 6 de maio en Monforte de Lemos a oficina móbil do Acelera PEMES, o programa a través do que a entidade lucense ofrece asesoramento e soporte gratuíto en materia de transformación dixital ás empresas e autónomos da provincia. José Tomé subliñou que dende o inicio deste proxecto, que a institución provincial desenvolve grazas a fondos europeos, son preto de 2.000 as pequenas e medianas empresas e persoas autónomas que recibiron apoio en dixitalización para modernizar os seus negocios, e gañar eficiencia e competitividade.
O mandatario provincial reuniuse co persoal que se está a encargar de ofrecer o asesoramento nesta unidade móbil, localizada este luns nas Casitas da Compañía, e destacou que se trata da segunda rolda de visitas que desenvolve esta iniciativa, durante a que 7 axentes dixitais farán diferentes paradas ata o vindeiro 20 de xuño en máis de 50 concellos. “As experiencias que estamos tendo son moi positivas, sobre todo naqueles concellos de menos de 5.000 habitantes, onde estamos focalizando máis os esforzos, ao ser onde detectamos que é máis necesario”, subliñou José Tomé, engadindo que “dende se puxo en marcha este programa, o pasado 13 de setembro, a Deputación asesorou xa a máis de 1.750 empresas e atendeu 4.000 consultas, o que pon de manifesto o grande interese que está a xerar para as pequenas e medianas empresas que traballan na provincia”.
Tamén explicou que nestes encontros coas empresas os axentes estudan a situación da que parte cada unha delas e buscan ferramentas que encaixen coa súa actividade para beneficiar o seu volume de negocio. “Nestas sesións se lles axuda ás empresas e ás persoas autónomas a crear redes sociais e impulsalas para que teñan máis seareiros, tamén á posta en marcha de Whatsapp Business para que interactúen coa súa clientela ou implantan solucións dixitais específicas do seu sector que son moi útiles para os negocios”, sinalou.
O programa Acelera PEMES está dotado con medio millón de euros, dos cales o 80% procede da Unión Europea a través da entidade pública empresarial Red.Es, dependente do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, e o 20% da propia Deputación de Lugo.
Vindeiras paradas da oficina móbil
A oficina móbil do Acelera PEMES arrancou esta segunda volta pola provincia a pasada semana nos concellos do Valadouro, Lourenzá, Mondoñedo, Riotorto, A Pontenova, Meira e Pol. Ademais de Monforte de Lemos, este luns tamén pasou por Sober, e pola tarde estará en Bóveda. As próximas datas e municipios que percorrerá ata o vindeiro 20 de xuño son os seguintes:
Martes, 7 de maio
Negueira de Muñiz -10.30 horas
A Fonsagrada – 12.30 horas
Ribeira de Piquín – 16.00 horas
Baleira – 17.30 horas
Mércores, 8 de maio
Láncara-10.30 horas
O Páramo– 12.30 horas
O Corgo– 16.00 horas
Luns, 13 de maio
Carballedo -10.30 horas
Chantada– 12.30 horas
Taboada– 16.00 horas
Martes, 14 de maio
Cospeito – 10.30 horas
A Pastoriza – 12.30 horas
Abadín – 16.00 horas
Xoves, 16 de maio
Alfoz – 10.30 horas
Foz – 12.30 horas
Trabada – 16.00 horas
Luns, 20 de maio
O Vicedo – 10.30 horas
Viveiro – 12.30 horas
Xove – 16.00 horas
Ourol – 17.30 horas
Martes, 21 de maio
O Incio -10.30 horas
Samos – 12.30 horas
Triacastela – 16.00 horas
Xoves, 23 de maio
Pedrafita do Cebreiro – 10.30 horas
As Nogais – 12.30 horas
Cervantes – 16.00 horas
Luns, 27 de maio
Begonte – 10.30 horas
Guitiriz – 12.30 horas
Friol – 16.00 horas
Mércores, 29 de maio
Navia de Suarna – 10.30 horas
Becerreá – 12.30 horas
Baralla – 16.00 horas
Castroverde – 17.30 horas
Luns, 3 de xuño
Ribas de Sil – 10.30 horas
Quiroga – 12.30 horas
Folgoso do Courel – 16.00 horas
Martes, 4 de xuño
Barreiros– 10.30 horas
Ribadeo -12.30 horas
Castro de Rei – 16.00 horas
Xoves, 20 de xuño
Guntín – 10.30 horas
Portomarín – 12.30 horas

PUBLICIDADE