Proliferan en YouTube os vídeos de xente facendo tolerías ó volante

xoves, 8 de novembro do 2007 Marcus Fernández

Trala atención mediática á gravación de vídeos violentos, agora as miradas se dirixen á seguridade viaria, pois as Forzas de Seguridade do Estado están a analizar os vídeos publicados na Internet para localizar a infractores que participan en carreiras ilegais nas que saltan tódalas normas de circulación.
En Galicia temos moitos exemplos deste tipo de contidos, de xeito que é doado atopar en YouTube clips nos que se ven auténticas temeridades en quads, motocicletas e coches, e dende o Faro de Vigo destacan un par de vídeos na comarca do Deza, sendo o máis antigo o duns rapaces facendo auténticos rallies por pistas ata que teñen un accidente co seu Opel Corsa e resulta especialmente rechamante o dun BMW 525 que fai un percorrido de 2 minutos e medio entre Melide e Agolada que se grava dende o teito solar do vehículo mentres se saltan límites de velocidade e circulan sobre isletas e beiravías.

PUBLICIDADE