Prohiben TikTok nos móbiles gobernamentais de Canadá

martes, 28 de febreiro do 2023 Marcus Fernández

A presidenta da Xunta do Tesouro de Canadá, Mona Fortier, emitiu un comunicado anunciando a prohibición da aplicación móbil TikTok nos dispositivos móbiles do Goberno argumentando motivos de seguridade. Esta medida de precaución, xa que os dispositivos móbiles almacenan información sensible, e consideran que a aplicación de TikTok emprega métodos de recolección de datos cun nivel considerable de acceso aos contidos do teléfono.
Salientan que non hai ningunha evidencia de que houbese información gobernamental comprometida por mor de TikTok, pero son firmes ao asegurar que o risco desta aplicación está claro, de aí que hoxe borrarán a aplicación dos móbiles gobernamentais, e establecerase un bloqueo para que os usuarios non poidan descargar a aplicación no futuro.
Mona Fortier asegura que «para o público xeral a decisión de usar unha aplicación ou plataforma de redes sociais é unha decisión persoal», ou sexa, que non prohiben TikTok en Canadá, pero dan a entender que os usuarios teñen que coñecer os perigos que supón o uso de aplicacións deste tipo.

PUBLICIDADE