Primux Tech anuncia as melloras que incorporará aos seus smartphones en 2014
venres, 14 de febreiro do 2014
O
fabricante de smartphones e tablets ourensán Primux
Tech, tras fornecer un completo catálogo de dispositivos en 2013 anuncia
que para o presente ano ten previsto incorporar aos seus terminais novas
prestacións atendendo ás demandas do mercado, o que supón que non abandonarán
as funcionalidades actuais como o soporte de dúas tarxetas SIM á vez, o
Bluetooth 4.0 ou o Wi-Fi N.
Entes as aspiracións de Primux está o incorporar ao seu catálogo móbiles con
conectividade 4G, integrar as novas pantallas OGS (One Glass Solution),
facilitar as actualizacións dos dispositivos mediante OTA (Over The Air),
incluÃr procesadores de 8 núcleos na meirande parte de terminais e incluÃr NFC,
de xeito que estes smartphones de prezo axustado poderán facer gala das últimas
tecnoloxÃas.