Prevista a creación dos Colexios Profesionais de Enxeñería e Enxeñería Técnica en Informática de Galicia

venres, 7 de decembro do 2007 Raquel Noya

O Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, vai acoller os vindeiros días 14 e 15 de decembro, as asembleas constituíntes do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) e do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática (CPEIG), obxectivo que veñen perseguindo dende 1992.
O día 15 de decembro celebrarase un acto oficial de presentación conxunta dos colexios, no que intervirán representantes das tres facultades de enxeñaría e enxeñaría técnica en informática de Galicia, a Xunta de Galicia, e o Concello de Santiago de Compostela, cidade anfitrioa do evento. Os organizadores tamén agardan contar coa asistencia ao evento de distintas asociacións, empresas do sector e outros axentes de especial relevancia nas Tecnoloxías da Información e a Comunicación.

PUBLICIDADE