Presentan unha web en defensa do canon dixital

luns, 18 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

Liberto Rabal e Xabier Elorriaga amosando camisolas da nova campaña

Varias entidades de xestión de dereitos de autor (SGAE, AISGE, AIE, CEDRO, DAMA e EGEDA) decidiron defenderse «dunha campaña inxusta e incerta sobre o canon de compensación por copia privada» cunha nova páxina web, copia-privada-si.com, presentada polos actores Xabier Elorriaga e Liberto Rabal, que criticaron o uso electoral que se está a dar sobre a polémica taxa.
Elorriaga asegurou que o PP «nunca discutiu este dereito, e pasadas as eleccións seguro que non volverá a sacalo á luz», mentres que Rabal sostén que esta nova campaña pretende defender «un dereito dos cidadáns que traballa na industria cultural, e ós que debe defener calquera goberno». Ambos resaltaron que a web non pretende ser unha reacción á plataforma Todoscontraelcanon.es, senón que se trata de informar obxectivamente sobre a «racionalidade económica da copia privada», así como de opinións, estudos e manifestos sobre o tema.

PUBLICIDADE