Presentan unha querela pola divulgación de falsidades a través da Rede

luns, 2 de marzo do 2020 Marcus Fernández

A distribución de contidos falsos a través da Internet con malas intencións pode ter consecuencias, e como exemplo temos que a Fiscalía Especial contra o Odio e a Discriminación vén de presentar unha querela pioneira pola difusión de falsidades contra unha cidadá de Sant Joan Despí, que o pasado mes de xuño difundiu unha mensaxe falsa en Twitter na que «asociaba interesadamente ao colectivo de menores estranxeiros non acompañados (menas) coa violencia nas aulas», o que a ollos do fiscal é un delito contra a dignidade das persoas con motivos de discriminación.
No chío publicado pola denunciada incluíase un vídeo no que podía verse a unha serie de alumnos berrando, lanzando papeis á profesora e incluso tombando mesas e cadeiras, asegurándose que tratábase «dun centro educativo para emigrantes menores de idade que entran ilegalmente en España», cando a filmación orixinal realizouse na escola María de Lourdes Teixeira en Carapicuíba (Brasil).
A Fiscalía considera que a intención da difusión do vídeo era clara: ligar a violencia nas aulas con menores non acompañados procedentes do estranxeiro coa finalidade de denigralos e así espertar prexuízos contra este colectivo especialmente vulnerable, o que podería xerar sentimentos de rexeitamento e hostilidade.

PUBLICIDADE