Presentan un novo lector de libros electrónicos
xoves, 28 de maio do 2009
Durante o
congreso D7 organizado polo Wall Street Journal os
responsables de Plastic Logic amosaron aos asistentes o seu propio lector de
libros electrónicos, un trebello que podería darlle moita guerra ao
Amazon Kindle por ser moito máis delgado e substituír o seu teclado físico por
unha pantalla táctil.
Tampouco falta no trebello unha conexión Wi-Fi e outra 3G, aínda que é posible
que non haxa ningún terminal á venda ata o ano que vén a un prezo de preto de 500
dólares (uns 357 euros). O lector de Plastic Logic non só permitirá a lectura
de documentos PDF ou PowerPoint,senón que tamén soporta ficheiros de Excel e tamén
incluirá soporte para Word e Excel.
Presentación do lector electrónico de Plastic Loogic