Presentan o programa de xestión de explotacións agrogandeiras AinfoVac 0.4.1

venres, 30 de maio do 2008 Marcus Fernández

Imaxe do programa de código aberto

Hoxe preséntase en Coristanco unha nova versión do programa AinfoVac, que é unha aplicación de código aberto para a xestión de explotacións agrogandeiras, que chega así á versión 0.4.1. A presentación faise no marco da xornada Ainfogra.com. Software Libre e Eido rural, presente e futuro que terá lugar no Centro de Promoción Rural de Fonteboa ás 16:30 horas.
A nova entrega de AinfoVac supón un avance cuantitativo e cualitativo con respecto da versión publicada en novembro de 2007. O programa preséntase como unha completa aplicación ERP cos seguintes módulos:
- Facturación: Permite un control total sobre compras, ventas, stocks, prezos medios, evolución de prezos, cantidades, etc.
- Gandeiría: Rexistro dos animais, xestión de incidencias, Alimentación, Racionamento, Control xenético, etc.
- Cultivos: Control de cultivos, custes, producións, etc.
- Custos Fixos: Amortizacións, Cálculo custo maquinaria, Man de Obra, etc.
- Informes: Índices de rendemento, Conta de resultados, compras, ventas, incidencias, etc.

PUBLICIDADE