Presentan o Ubuntu Netbook Remix

martes, 3 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Pensando nos ultraportátiles que se presentan estes días no Computex a xente de Canonical asistiron á feira cos deberes feitos e aproveitaron a ocasión para presentar o Ubuntu Netbook Remix, que sería unha versión da súa distribución de Linux para o seu funcionamento en equipos portátiles de reducidas prestacións coma son os netbooks.
O novo sistema operativo resultaralle familiar aos usuarios da versión de escritorio de Ubuntu, e se agarda que antes de rematar o ano algún fabricante poida pre-instalar nos seus equipos esta nova versión dunha das distribucións de Linux de maior aceptación.
O Ubuntu Netbook Remix estará optimizado para o seu funcionamento con procesadores Intel Atom (que parece que se imporán nos portátiles de baixo custo) e Canonical tamén continuará a avanzar nas súas distribucións de Linux destinadas a dispositivos móbiles (coma os MID).

PUBLICIDADE