Presentan as novas tarxetas nano-SIM

venres, 11 de novembro do 2011 Marcus Fernández

Contraste entre o tamaño dunha tarxeta SIM e unha micro-SIM

Cando chegou ao mercado o iPhone 4, sorprendeu por deixar de lado as tradicionais tarxetas SIM para apostar polo formato micro-SIM (actualmente empregado tamén polo iPhone 4S, o Nokia Lumia 800 e outros móbiles), de xeito que pasamos de tarxetas de 25 x 15 milímetros a 15 x 12 milímetros, e agora a compañía xermana Giesecke & Devrient (G&D) presenta as tarxetas nano-SIM, que miden só 12 x 9 milímetros, reducindo tamén o seu grosor un 15%, medida coa que buscan que os terminais telefónicos poidan aproveitar mellor o seu espazo interno, para poder contar con máis espazo para o almacenamento de datos ou baterías de maior capacidade.
G&D xa remitiu varias unidades de mostra a operadores de telecomunicacións (para as súas probas) e aseguran que as novas tarxetas serán compatibles con todos os móbiles do mercado mediante adaptadores (as tarxetas micro-SIM tamén podían adaptarse para o seu uso en terminais con fenda para tarxetas SIM).

PUBLICIDADE