Preparan unha consola portátil que funcionarÃa con Windows 10
mércores, 27 de xaneiro do 2016
Nos últimos anos non foron poucas as consolas portátiles
baseadas en Android que chegaron ao mercado, valéndose do uso de emuladores
para ter un grande atractivo, pero agora que Windows 10 está a gañar presenza
en tabletas, un dos fabricantes deste tipo de trebellos, a chinesa GPD, anuncia
que está
a preparar a consola GPD Win, que poderÃa ser un dos produtos deste tipo
máis rechamantes do mercado, xa que aÃnda que estea destinado aos xogos,
realmente serÃa un ordenador en miniatura bastante curioso.
O GPD Win funcionarÃa cun procesador Intel Atom X5 Z8500 (aÃnda que é posible
que finalmente conte cun Z8550) de catro núcleos e 64 bits, 4 GB de RAM, 64 GB
de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas de até 128 GB) e Windows
10, aÃnda que en vez de contar cunha pantalla de ante 7 e 10,1 polgadas,
confórmase cunha pantalla de táctil de 5,5 polgadas cunha resolución de 1.280 x
720 pÃxeles, un conector USB tipo C, un USB 3.0 ordinario, saÃda micro HDMI,
baterÃa de 6.000 mAh (que deberÃa achegar unhas 8 horas de autonomÃa), Wi-Fi e
Bluetooth, que aparte de contar con controis propios dunha consola portátil
(mandos analóxicos, cruceta e botóns de disparo) tamén ten teclado QWERTY, de
xeito que parece un portátil en miniatura, o que poderÃa disparar o seu
atractivo (como o feito de que poida correr con infinidade de emuladores para
PC, sendo un produto moito menos limitado que as solucións baseadas en
Android).
Haberá que agardar uns meses para ver se o produto chega ao mercado, e se a disposición
dos seus controis resulta cómoda, pero cando menos vemos que a chegada de
Windows 10 a dispositivos económicos de pequeno tamaño dispara a imaxinación
dos fabricantes que retoman conceptos que parecÃa esquecidos, e farÃan bastante
literal o feito de poder gozar dun ordenador de peto.
- A disposición dos controis da GPD Win non parece especialmente confortable