SICON

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3015 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Preparan o lanzamento dun Groupon á galega

xoves 28 de xullo do 2011, por Marcus Fernández | | Compartir | |

JPEG - 41 KB
Buydeal xa conta cun formulario para inscribirse no caso de estarmos interesados no servizo

Nos últimos meses/anos están a revolucionar as plataformas de compra privada e os servizos de descontos (como Groupon), e este último concepto quere agora trasladarse a Galicia baixo o nome de Buydeal, espazo virtual que busca recoller as mellores ofertas locais de restauración, ocio e aventura para “gozar ao máximo do tempo de lecer a prezos superreducidos”, polo que convidan aos interesados a inscribirse un servizo de notificación indicando a cidade galega na que se vive para avisar cando o servizo estea operativo.
Esta andaina leva uns meses iniciada, e está a piques de chegar ao seu lanzamento público, perseguindo un dobre obxectivo: dar a coñecer as posibilidades das nosas cidades con interesantes ofertas diarias e construír unha plataforma de promoción do comercio de proximidade.
Está proxectado que durante o terceiro trimestre do ano Buydeal bote a andar en 3 cidades galegas.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS