Prazas para cursos de informática en Brión

mércores, 4 de marzo do 2009

O Concello de Brión vén de abrir o prazo de inscrición en tres actividades que comezan a impartirse este mes de marzo para as que quedaron un total de 11 prazas libres. Trátase dos obradoiros de inglés para rapaces (nos que restan 2 prazas libres) e adultos (6 postos) e das clases de informática para nenos (outras 3 prazas). As inscricións poderán formalizarse na Casa da Cultura de Brión, no teléfono 981 509 908. A admisión realizarase por orde de inscrición, tendo preferencia os veciños empadroados no concello.

PUBLICIDADE