Portugal e as novas correntes web de humor intelixente, protagonistas da xornada profesional do CIP

xoves, 9 de setembro do 2021 S. P.

Logo dunha xornada (a de hoxe) adicada ao talento dixital galego, o Carballo Interplay recupera este venres 10 a súa programación profesional con Portugal como país convidado. O Festival de Contidos Dixitais abre un espazo de diálogo para fomentar alianzas entre creadoras/es, produtoras e plataformas de Portugal, de Galicia e de España co obxectivo de favorecer a creación de proxectos conxuntos, tralos meses de ausencia de citas profesionais presenciais por causa da pandemia.
Completan o programa do venres dous dos pratos fortes deste Carballo Interplay post-pandémico: o espectáculo que ofrecerán as cómicas Henar Álvarez, Carolina Iglesias e Victoria Martín, e o repaso polos momentos penosos da Rede deseñado por David Pareja e Lorena Iglesias, e que defenderán ao vivo no Pazo da Cultura de Carballo a mesma Lorena Iglesias e Joaquín Csáky (Pochosfera).
A xornada profesional do 8º Carballo Interplay (a deste venres 10) dividirase en dúas partes: dende as 10h ata as 16h30 haberá presentacións e debates e, a partir desa hora, establecerase un punto de encontro para que creadoras/es, empresas produtoras e plataformas de Galicia, de España e de Portugal contacten e intercambien ideas para posíbeis proxectos e colaboracións futuras.
Abrirán as conversas Irene Mahía, responsábel de contidos e codirectora de Gen Playz; Clara Amechazurra Falagán, directora de contidos en Freeda España; e Joao Vasconcelos, fundador de Canal 180, falando de como as audiencias máis novas piden consumen cada vez máis contidos divulgativos, arredor da cultura, da política, da saúde mental ou de problemas sociais e ambientais.
De seguido, Rogério Gomes, xestor de proxecto en RTP Lab, e José Pereira, director da área de Innovación e Negocio da CRTVG, falarán sobre as estratexias dixitais dos medios públicos galegos e portugueses á hora de facer uso da tecnoloxía e de sumarse ás tendencias mundiais para mellorar a experiencia das usuarias durante o consumo de información, entretemento e contidos.
A última hora da mañá, distintas produtoras e creadores de contidos dixitais de Portugal convidados ao Carballo Interplay coa colaboración do Clúster Audiovisual de Galicia presentarán as súas apostas de presente e futuro. Serán Promenade, Galo Bravo, PiXbee, MT 360 / ManyTakes, Wonder Maria Films, Ankylosaur e Todos.
A primeira hora da tarde, a directora de Política Audiovisual da AGADIC, Dolores Meijomín, explicará ás persoas participantes no Día Pro do Carballo Interplay como, este 2021, por primeira vez na súa historia, a Axencia Galega das Industrias Culturais inclúe no seu programa anual de subvencións unha liña de axuda a proxectos de serie web en versión orixinal galega.
Finalmente, ás 16h30, comezará o Encontro PRO no que as e os creadores do país poderán presentar os seus proxectos a produtoras e distribuidoras galegas, españolas e portuguesas como RTP Lab, CRTVG, Playz (RTVE), Freeda, Gaita Filmes, Abano Producións, Miramemira, Maruxiña Film Company, Cósmica Producións, Portocabo, VOZ Audiovisual, Promenade, Galo Bravo, PiXbee, MT 360 / ManyTakes, Wonder Maria Films, Ankylosaur ou Todos.
O programa ao completo
-Mércores 8
20h00. Apertura
20h30. Estrea Kamikaze
-Xoves 9
10h30. Masters da Internet. 1º encontro transversal de creación galega en iña
Panel 1 | Youtube e Podcast con Olaxonmario, Nee Barros, Isaac González, Samuel L. París e Carme D. Prol. Modera: Alba Mancebo
Panel 2 | Tik Tok, Twitter e Twitch con Malva, Leti da Taberna, Jon Amil, Mira1cousinha e Agos Reigosa. Modera: Esther Estévez
13h30. Café con CREA: Conversas de serie web, con Sonia Mendez (Angélica y Roberta), Irene Pin (Amnesia 3.0), Javi Camino (El viudo quiere mimos), Óscar Cruz (colectivo Porco Bravú). Modera: Lucía Estévez
17h00. Sección Oficial. Bloque Galicia VO: Arrieiros Somos, Dúo Vaguedades, Mataría MicroSerie e Pandemials.
17h00. Taller creación contidos con FREEDA. Outros xeitos de evolucionar na comunicación para chegar ás xeracións máis novas
19h00. En galego, en construción. Pitching de proxectos de serie web
-Non son a túa avoa
-Pringadas
-Pulp Air
-Trela, clínica de suicidios
21h00. Estrea de Cacola, serie de David Fidalgo gañadora do Premio a proxecto no VII Carballo Interplay
-Venres 11: Día PRO
10h30. O xiro cara o contido de actualidade. Debate e conciencia social: con Freeda, Canal 180 e Playz.
11h30. Contidos dixitais e innovación. Onde poñen o foco as canles públicas?: con RTP Lab e Televisión de Galicia.
12h30. Presentación produtoras e creadores dixitais de Portugal: Promenade, Galo Bravo, PiXbee, MT 360 / ManyTakes, Wonder Maria Films, Ankylosaur, Todos.pt
16h00. Sección Oficial. Internacional 1: Dominos 2, Historias Migrantes, Pepper, todo por un like e Refugee Roads.
17h00. AGADIC. Unha nova vía para a produción de series web. Con Dolores Meijomín, directora de política audiovisual da AGADIC.
17h30. Encontro PRO
17h30. Sección Oficial. Internacional 2: #WFH, Cross, Freedom Farm Sanctuary, Good Monsters e Mortal Glitch.
20h00. Pochosfera: momentos penosos da internet. Con David Pareja e Lorena Iglesias
22h00. Rajando con... Carolina Iglesias, Victoria Martín e Henar Álvarez
-Sábado 11
10h00. A Internet de mudar as cousas
Panel 1 | Activismo na Rede: Proyecto UNA, Ontologías Feministas, Cuellilargo
Panel 2 | Humor, precariedade xeracional e ilustración: Monstruo Espagueti, La Prados, Roberta Vázquez
13h00. Puedo hablar? Con Perra de Satán e Esnórquel
16h00. Sección Oficial. Internacional 3: Best Before (Meilleur Avant), Over And Out, Psicóticas Inseguras e What’’s Next?
17h30. Sección Oficial. Estatal: Amor superdotado, Backstage, Drácula, el vampiro gallego, I am Who I am, La reina del pueblo e Riders.
19h00. CFA Esnórquel: Maricón.mp4 – Miradas queer en 240p
21h00. Entrega de premios con Fer Epelde + Rebel Gardens.

PUBLICIDADE