Portosín acolle este luns un obradoiro de robótica creativa para a rapazada

luns, 18 de xullo do 2022 S. P.

A rapazada de Portosín e a súa contorna ten este luns 18 de xullo unha oportunidade para mergullarse de cheo nas tecnoloxías máis creativas. Estamos a falar do novo obradoiro de robótica educativa do programa Ler Conta Moito (Rede de Bibliotecas Públicas Municipais de Galicia), que fai este luns unha parada na Casa da Cultura de Portosín, a partir das 11.00 horas.
Na actividade mostrarase á rapazada como crear diferentes tipos de trebellos robóticos e manexalos a través das súas tabletas. Tamén se lles amosarán as posibilidades dos kits de Lego Robotics. Trátrase dunha actividade familiar aberta tamén aos maiores de cada casa.
O taller Robótica Creativa, Cultura Inspiradora vén da man da Rede Bibliotecas Públicas de Galicia en colaboración co Concello do Son (ao abeiro de Ler Conta Moito).


PUBLICIDADE