Porto do Son supera os 4.000 seareiros en Instagram

luns, 27 de decembro do 2021 S. P.

O Concello de Porto do Son vén de conseguir un fito en materia de redes sociais e actividade informativa e turística. En concreto, este Nadal chegou á cifra de 4.000 seareiras e seareiros na rede social Instagram, unha comunidade que o Concello confía en que siga medrando co inicio do novo ano. O recuncho de Porto do Son no dito servizo de publicación e intercambio de fotografías superou a cifra dos 3.800 posts dende a súa activación.
Estes fitos únense ao logro conseguido aproximadamente por estas datas o ano pasado, con máis de 7.000 seguidoras e seguidores noutra comunidade análoga, a rede Facebook.
Esta presenza de Porto do Son no Facebook e no Instagram, tal e como destaca o Concello, son un proceso aberto que se nutre cada pouco de novas contribucións, ao que cómpre engadir o importante potencial que atesouran as parroquias do municipio como materia prima de gran calidade para as fotografías e os vídeos dos internautas.

PUBLICIDADE