Portan non oficialmente Android 2.1 ao HTC Dream

xoves, 29 de abril do 2010 Marcus Fernández

Pese a que os fabricantes de móbiles con Android teñen os seus trebellos bastante esquecidos, sen actualizacións á última versión de Android, moitos usuarios poden optar por un atallo mentres agardan a chegada dunha actualización oficial, e instalar no seu terminal unha ROM tuneada como as de Cyanogen, que finalmente conseguiron meter o Android 2.1 nun T-Mobile G1 (ou sexa, un HTC Dream). Deste xeito, os usuarios que fixéronse cos primeiros terminais con Android que chegaron ao mercado non quedarán marxinados das últimas innovacións do sistema operativo promovido por Google e que en breve contará cunha versión 2.2 que, entre outras novidades, incluirá soporte de Flash 10.1.
Podemos ver un T-Mobile G1 correndo Android 2.1 no seguinte vídeo:

PUBLICIDADE