Porsche deseña unha BlackBerry de luxo
xoves, 27 de outubro do 2011
Porsche Design e Research In Motion (RIM) anunciaron o novo smartphone Porsche Desing P’9981 de
BlackBerry, un móbil que busca combinar luxo cun bo desenvolvemento. Está
construÃdo cun marco de aceiro inoxidable, unha traseira de coiro, un teclado QWERTY cun deseño bastante rechamante e unha pantalla táctil.
A súa interface gráfica tamén inclúe personalizacións creadas por Porsche
Design.
O Porsche Design
P’9981 ten un procesador a 1,2 GHz, grava vÃdeo en alta definición, pode
facer uso da realidade aumentada, inclúe 8 Gb de memoria interna ampliable
mediante tarxetas microSDHC de ata 32 Gb, funciona co sistema operativo
BlackBerry 7, integra NFC e chegará ás tendas a finais de ano a un prezo que
moitos considerarán prohibitivo (fálase
duns 2.000 dólares).
O Porsche Design P’9981 en vivo