Propoñen un coxÃn para cargar os nosos trebellos electrónicos
xoves, 9 de xaneiro do 2014
Algúns proxectos de micromecenado sorpréndennos en moitas
ocasións por ofrecer produtos que parece imposible que ninguén tivera
comercializado antes, como é a Power
Pillow que propoñen dende Dartmouth (Canadá) e que por 79 dólares
canadenses (menos de 54 euros) ofrecerÃa un coxÃn (dispoñible en 7 deseños
distintos) que pode albergar no seu interior un par de baterÃas externas de
12.000 mAh, capaces de alimentar dende un smartphone ata un tablet, o que
resultarÃa ideal para ter no dormitorio ou no salón, para poder facer un uso intensivo
dos nosos dispositivos electrónicos sen ter que estar preto dunha toma de
corrente.
Este concepto promociónase asegurando que achega a liberdade de poder recargar
corpo, mente, teléfono e tablet ao mesmo tempo, e como vantaxe adicional temos
que as baterÃas recargables externas poden separarse do coxÃn, para poder levar
nos nosos desprazamentos como fonte de enerxÃa de emerxencia.
A campaña de captación de fondos para facer realidade a Power Pillow ten fixada
a súa barreira para a viabilidade nos 30.000 dólares canadenses, tendo cuberta
xa a terceira parte deste obxectivo cando aÃnda faltan 27 dÃas para completar o
proxecto, polo que parece garantido que no mes de marzo converterase nun
produto comercial que posiblemente poderá adquirirse dende Europa.
VÃdeo promocional deste proxecto de Kickstarter