Pontevedra convoca á veciñanza para atopar o selfie máis famoso do Nadal
luns, 27 de decembro do 2021
O
Concello de Pontevedra (a través da Concellería de Promoción
Económica e Turismo) e a plataforma #PonteLovers engadiron nestas
datas sinaladas do remate do ano unha iniciativa máis ao paquete de
obradoiros e actividades que espallaron polo termo municipal, co
obxectivo de dinamizar a cidade e máis todas as parroquias. O
departamento que dirixe a socialista Yoya Blanco, en colaboración
coa axencia Icon, convidou
á veciñanza a participar nunha campaña para atopar O selfie
máis famoso deste Nadal, baixo
o cancelo #VideoSelfiePontevedra.
Tal
e como sinala a edil do PSOE, “os cidadáns que se acheguen ata a
praza de España até o martes 4 de xaneiro poderán probar unha
espectacular cámara panorámica de 360 graos, gravar un divertido
vídeo, recibilo ao instante no seus móbiles e, por suposto,
compartilo nas súas redes sociais”. E engadiu: “Temos que seguir
vivindo estas festas con moita ledicia e queremos que a xente retrate
o Nadal de Pontevedra como non o fixo nunca antes”.
Este
innovador photocall da iniciativa O selfie máis famoso do
Nadal ficará aberto en
horario de 12:30 a 20:00 horas, agás os días 24 e 31 de decembro
(nos que abrirá só de 12:00 a 16:00 horas). As fins de semana do 25
ao 26 de decembro e do 1 ao 2 de xaneiro non funcionará.
Moitos
dos vídeos e autofotos (aqueles máis rechamantes e divertidos…)
serán tamén compartidos nas redes sociais de Visit Pontevedra.