Ponteareas dotará as casas culturais con conexión Wi-Fi de balde

mércores, 27 de marzo do 2019 Redacción

Fachada da Casa do Concello de Ponteareas

O Concello de Ponteareas, a través da Concellería de Novas Tecnoloxías, vai ampliar a cobertura dos edificios para a cidadanía, co fin de facilitar o uso das ferramentas dixitais (comunicación, buscas de información, trámites administrativos, etc) e o seu desfrute por parte da veciñanza. En termos máis concretos, instalaranse puntos de conexión Wi-Fi de balde nas Casas Culturais da contorna municipal. Destas e doutras actuacións informarase polo miúdo este venres 29 na Casa do Concello ás 19.00 horas.
Máis polo miúdo, as melloras na cobertura de Internet materializaranse coa instalación de dous puntos de conexión en cada centro parroquial, un exterior e outro interior, ademais dun escaner e o mobiliario correspondente. Con cargo ao orzamento, as Casas Culturais disporán de acceso de balde á Rede durante cinco anos dentro da estratexia europea Ponteareas, hábitat saludable, financiada polo fondo europeo de desenvolvemento rexional da Unión Europea. O Concello tamén prevé colaborar coas Casas Culturais para promover a alfabetización dixital a través de cursos.

PUBLICIDADE