Plus.es estreará unha canle á carta con contidos de Canal+

luns, 23 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Digital+ está a preparar un novo servizo de televisión á carta na súa web, que se chamaría Plus TV, e achegaría os contidos de produción propia de Canal+, potenciando así a súa oferta de vídeos na web.
O novo servizo contará cunhas 2 horas de programación diaria, coas que o usuario poderá construír a súa propia grella de contidos, que nun principio procederían de Canal+, aínda que non se descarta que no futuro puideran contar con novos formatos exclusivos da Rede.
Dende Plus.es pretenden diversificar as pantallas de explotación dos contidos, polo que continúan a apostar pola web, os móbiles ou calquera outro soporte que poida xurdir, conservando sempre o nivel de calidade propio de Canal+.
Podemos coñecer máis detalles deste futuro servizo da man dos seus responsables:

PUBLICIDADE