Plexus aborda o seu proceso de externalización cunha delegación propia en México DF

martes, 3 de xullo do 2012 Fernando Sarasketa

A empresa galega Plexus amplía área de influencia. E faino a través do Atlántico e co punto de mira nun dos países de meirande peso e potencial de crecemento: México. Esta estratexia materialízase nunha nova delegación na capital, unha oficina que, en palabras da empresa TIC, “suporá o inicio de operacións de negocio cos seus produtos tecnolóxicos e o establecemento dunha base de operacións estable dende a que atender o mercado local e acceder a outros escenarios en países da contorna, como Panamá ou Costa Rica”.
Plexus, firma con sede en Santiago, aborda esta decisión como parte dun reto de internacionalización que abranguerá acordos con empresas españolas e de Marrocos, Perú, Ecuador e Colombia. A empresa, dirixida por Antonio Agrasar, o seu conselleiro delegado, elixiu México D. F. para arrancar o seu proceso de actividade exterior por dous motivos fundamentais: pola demanda de clientes potenciais (sobre todo do sector sanitario) e pola situación xeográfica estratéxica respecto a outros mercados nos que xa se detectaron oportunidades de negocio.

PUBLICIDADE