Plex Cloud deixará de funcionar con Amazon Drive
venres, 16 de decembro do 2016
Hai
un par de semanas dende Plex realizaron importantes anuncios, como que o
servizo Plex Cloud ampliaba os servizos en liña compatibles (incorporando a
Google Drive, Dropbox e OneDrive) e ofrecÃa en primicia aos usuarios de Plex
Pass un engadido en probas que permitÃa gozar de Plex dende Kodi, cunha nova
interface que, de ser ben recibida serÃa a que irÃan adoptando o resto de
versión deste xestor e reprodutor de contidos multimedia, e agora sorprende con
anuncios en ambos ámbitos, de xeito que ofrecen unha de area e outra de cal.
A boa nova por parte de Plex é que o engadido para Kodi deixa de ser un produto
restrinxido a un grupo reducido de usuario para converterse nun engadido oficial
que xa pode instalarse con facilidade, e que presenta un xeito novo de gozar de
Plex que resulta moi cómodo e agradable, e curiosamente funciona mellor que,
por exemplo, o cliente oficial de Plex para Android TV, de xeito que resulta
moi axeitado precisamente para os posuidores de dispositivos que funcionen con
tal sistema operativo.
Adeus a Amazon Drive
As novas relativas a Plex Cloud xa non resultan tan agradables, e veñen a
confirmar que nos últimos meses tiveron moitos problemas para conseguir
integrar axeitadamente este novo servizo en Amazon Drive e, de feito, dende
Plex decidiron tirar a toalla por resultar desproporcionados os esforzos que tiñan
que facer para adaptar o seu novo servizo á nube de Amazon. Plex Cloud deixará
de funcionar con Amazon Drive o 31 de decembro, e decidiron avisar agora porque
aÃnda non pasaron 3 meses dende a apertura da beta de Plex Cloud, de xeito que
os usuarios que querÃan contratar este servizo e para iso contrataron Amazon
Drive aÃnda non consumiron os 3 meses de balde que se ofrece a xeito de proba,
ou sexa, que evitan que realicen o pagamento de 70 euros/ano para un servizo de
almacenamento que probablemente non resulte de interese (cando menos para o
almacenamento masivo de contidos multimedia).
AÃnda que o abandono de Amazon Drive non supoña un prexuÃzo económico para os
usuarios de Plex Cloud, si é unha importante molestia, xa que moitos usuarios
estiveron subindo contidos a Amazon Drive durante semanas e agora atopan que
tal esforzo non serviu para nada, e precisamente por iso nos foros de Plex ofrecen
información sobre solucións cómodas para migrar contidos dun servizo na nube a
outro.
VÃdeo promocional do engadido de Plex para Kodi