Playboy quere elixir á blogueira máis atractiva para que pose para a súa revista

xoves, 10 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Xeni Jardin, Julie Alexandria, Veronica Belmont, Amanda Congdon, Sarah Lacy, Sarah Austin, Natali Del Conte e Brigitte Dale

A revista Playboy nos últimos anos desenvolveu distintas iniciativas dirixidas a captar público novo, como facer especiais de videoxogos ou organizar concursos nos que os móbiles tomaban un papel importante, e agora quere tirar dos blogs, máis concretamente das blogueiras máis atractivas dos EE.UU., polo que na súa web convidan aos usuarios a votar pola moza que máis gusten para que pose para a revista de Hugh Heffner.
As candidatas a recibir unha solicitude de Playboy son Xeni Jardin, Violent Blue, Julie Alexandria, Veronica Belmont, Amanda Congdon, Brigitte Dale, Sarah Lacy, Sarah Austin e Natali Del Conte, que non só son populares por escribir blogs, senón que en moitos casos fan aparicións en programas de televisión e podcasts, de xeito que gozan dunha sona que en moitos casos supera á Internet.
No momento actual a blogueira que está a acadar máis éxito na enquisa é Brigitte Dale (27%), seguida por Veronica Belmont (23%) e Natali Del Conte (14%), e aínda que a meirande parte das candidatas aseguran que non posarán espidas no caso de gañar, resulta curioso que a revista Playboy faga súa este tipo de votacións (pois a elección da moza friki máis atractiva é xa un clásico de revista Wired con 3 edicións ás súas costas).

PUBLICIDADE