PlayStation ten canle oficial en YouTube

xoves, 16 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Sony ten dende finais de 2005 unha canle de vídeos en YouTube coa marca de PlayStation e que vén de dar a coñecer, no que parece que será unha plataforma para amosar trailers dos seus xogos, así como entrevistas e contidos xerados polos usuarios (o que parece dirixido especialmente aos usuarios de Little Big Planet).
A canle de vídeo fai uso de grupos (ordenando vídeos segundo o videoxogo ao que se refire) e listas de reprodución, de xeito que o usuario non se ten que limitar a facer unha busca secuencial dos contidos, que por fortuna están subidos a YouTube con boa calidade, polo que podemos velos aceptablemente tanto a tamaño normal como a pantalla completa (desmarcándose do estigma de mala imaxe que teñen os vídeos publicados en YouTube).


Little Big Planet parece querer ser a estrela da canle da PlayStation en YouTube

PUBLICIDADE