PlayStation VR permite ver vÃdeos envolventes de YouTube
xoves, 22 de decembro do 2016
A aplicación de YouTube para PlayStation 4 está a
actualizarse á súa versión 1.09 incorporando como grande actualización un
detalle que agradecerán especialmente os usuarios que conten cun casco PlayStation
VR, xa que incorpora
compatibilidade con este accesorio para que os vÃdeos en 360 graos subidos
a YouTube poidan verse de xeito envolvente, o que permite tirar un maior
proveito do casco de realidade virtual, xa que non servirá só para reproducir
aplicacións de VR, senón que tamén permite consumir numerosos contidos
envolventes que a meirande parte dos usuarios só podÃan ver introducindo o seu
smartphone nun cartón de Google ou casco semellante, e que agora teñen
dispoñible a través dun visor de calidade e cómodo de usar.
Dado que os vÃdeos en 360 anos levan moitos meses subÃndose a YouTube, a
cantidade de contidos envolventes é moi amplo, e o feito de que poidan agora
verse con PlayStation VR é o que podemos chamar un win-win, xa que potenciará a subida de contido en 360 graos a
YouTube e tamén fará máis atractiva a compra de PlayStation VR.
Até o momento, para ver vÃdeos envolventes con PlayStation VR habÃa que
descargalos para velos a través do reprodutor multimedia da PlayStation 4, pero
agora non será preciso o paso previo da descarga, de xeito que resulta moito
máis áxil e cómoda a reprodución de vÃdeos envolventes compartidos a través de
YouTube.