Pixel Qi comezará a produción das súas pantallas híbridas en decembro

xoves, 26 de novembro do 2009 Marcus Fernández

No modo monocromo as pantallas de Pixel Qi poden lerse comodamente incluso baixo a luz do sol

Despois de pequenos retrasos, o fabricante Pixel Qi anuncia que en decembro comezará a producir os seus curiosos paneis híbridos que xuntan nunha mesma pantalla un tradicional panel LCD de cor válido para un uso normal co ordenador (navegar pola Internet, ver vídeos…) e outro dunha tecnoloxía semellante á de E Ink, de xeito que non precisa de iluminación para o seu funcionamento, tería baixo consumo e sería cómodo de ler incluso baixo a luz directa do sol, combinando o mellor de ambos mundos.
Mary Lou Jepsen comezou a desenvolver esta tecnoloxía dentro do proxecto OLPC, pero ao continuar este proxecto na súa propia compañía poderiamos ver en breve estas pantalla en múltiples equipos comerciais, comezando por unhas pantallas de 10 polgadas destinadas tanto a ordenadores ultraportátiles como a lectores de e-books, o que podería supor unha seria ameaza á actual tecnoloxía de papel electrónico, por poder superar as súas limitacións con só premer un botón para cambiar de modo de funcionamento.

No modo estándar a pantalla non ten diferenzas con calquera outra LCD



Comparación entre a pantalla de Pixel Qi e un Kindle de Amazon, para comprobar que é unha atractiva alternativa ao papel electrónico

PUBLICIDADE