Photoshop.com Mobile estréase en probas

mércores, 27 de agosto do 2008 Marcus Fernández

Os servizos en liña de Adobe diríxense agora aos móbiles, de xeito que veñen de comezar as probas de Photoshop.com Mobile, que polo momento non permite a edición dende o móbil de fotografía, aínda que si resulta un centro de almacenamento de fotografías de doado acceso dende os celulares. O servizo dá 5 Gb de almacenamento aos usuarios de balde (20 Gb para os usuarios de pago) e permitirá sincronizar as imaxes que teñamos no móbil co almacenamento web, ao que tamén se pode acceder dende un ordenador para a edición da imaxes.

Polo momento o novo servizo limítase a ser un almacenamento de fotografías accesible dende o móbil

Esta primeira versión de Photoshop.com Mobile resulta moi semellante a servizos coma Flickr, pero é de agardar que no futuro incorporen algunhas funcións de edición, valéndose da cada vez maior capacidade dos terminais telefónicos. Non sorprendería así que as imaxes almacenadas se puidesen modificar dende o iPhone ou dende terminais con Windows Mobile (ou con soporte de Flash Lite).

PUBLICIDADE