Phone House abre tenda en Sada

venres, 29 de xuño do 2018 Marcus Fernández

A só un mes da apertura de tendas en Ourense e Arteixo, a cadea de tendas Phone House anuncia a inauguración da súa primeira tenda en Sada (A Coruña) na Praza de España, 8, de xeito que xa terían 10 establecementos na provincia coruñesa.
A nova tenda, cunha superficie de 22,30 metros cadrados, ten un horario de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas de luns a sábado e durante o seu primeiro mes en funcionamento ofrecerá aos seus clientes unha promoción de inauguración que consistirá nun desconto de 100 euros en portabilidades e até un 30% en accesorios.

PUBLICIDADE