PuntoGal

O noso boletín por e-mail conta xa con 2.886 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Papyre 6.1: o lector español de libros electrónicos

xoves 10 de xaneiro do 2008, por Marcus Fernández | | Compartir en Tuenti | Compartir |

Os dispositivos lectores de libros electrónicos baseados en tinta electrónica (e-ink) pretenden substituír ós libros e revistas no futuro, e finalmente xa hai unha empresa española competindo neste sector, Facthor, que co seu Papyre 6.1 quere cambiar os nosos hábitos de lectura.
O Papyre 6.1 ten unha pantalla de 6 polgadas cunha resolución de 600 x 800 píxeles que amosa 4 niveis de gris e a súa batería recargable permite a lectura de entre 8.000 e 10.000 páxinas (pois o dispositivo só consume enerxía ó cambiar os seus contidos).
Conta cun procesador Samsung ARM9 a 220 MHz, 64 Mb de RAM, conectividade USB 1.1 (para actualizacións e carga de contidos) e almacena os seus contidos en tarxetas SD ou nos 512 Mb de memoria interna que inclúe. Tamén permite a reprodución de ficheiros MP3.
Este novo dispositivo mide 184 x 120,5 x 9,9 mm e pesa 220 gramos, e actualmente está á busca de distribuidores, polo que pronto o poderemos ver no mercado.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68

 RSS