Panelfly levará a venda de comics ao iPad
venres 5 de febreiro do 2010, por |

- Panelfly está dispoñible tanto para iPhone/iPod Touch coma para iPad
Parece evidente que o novo
iPad de Apple ten potencial para a lectura de comics e revistas, de aí que algúns editores
están a tomar posicións ante a apertura dun novo mercado, e compañías coma
Panelfly parecen querer adiantarse á competencia, e xa amosan a aparencia da
súa aplicación (actualmente dispoñible
para iPhone e iPod Touch) adaptada ao iPad, e que serve para
mercar e ler multitude de comics tanto de editoriais independentes como de
xigantes como a Marvel, aínda que sen contar no seu catálogo coas últimas
novidades.
A nova aplicación está xa optimizada
para cando o iPad chegue ao mercado o mes que vén, e conta con diversos
xeitos de amosar os comics adquiridos polo usuario, dun xeito que lembra o
funcionamento da aplicación iPod do iPhone, de xeito que podemos navegar entre
as obras tanto a través de listaxes coma dunha estrutura tipo Cover Flow, así
como tamén podemos ler comics en formato vertical coma horizontal.
A chegada do cómic ao iPad parece inevitable, e haberá que ver se o prezo de 99
céntimos ao que Marvel vende moitas das súas obras a través de Panelfly resulta
o suficientemente atractivo como para lanzar aos usuarios á compra legal deste
tipo de obras prescindindo do soporte físico, o que podería ser un factor chave
para o éxito do novo dispositivo de Apple.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















