Panda agasalla Avatar coa súa suite

luns, 19 de abril do 2010

Panda Security vén de anunciar que agasallará o DVD do filme Avatar coa compra da súa solución de seguridade Panda Internet Security 2010 tres licenzas. Con este fin, xa foi presentada unha edición especial da caixa que inclúe este software, caixa que incluiría non só o paquete de seguridade senón tamén (e de xeito gratuíto) o DVD da devandita película, todo por 69,95 euros.

PUBLICIDADE