Palm está a buscar compradores
luns, 12 de abril do 2010
A proliferación
dos smartphones coma concorrencia
entre PDA e móbil, compañÃas coma Palm Inc. atoparon que o seu negocio sufrÃa
unha caÃda brusca ante a que tiñan que reaccionar, de xeito que finalmente
deixaron o seu sistema operativo Palm OS para crear o webOS, presente
actualmente nos terminais Palm Pre e Pixi, que son terminais moi completos, que
incluso poden colocarse á altura do iPhone no que a prestacións se refire, pero
que non conseguiron un pulo suficiente como para manter á compañÃa ao nivel de
tempos pasados. De feito, o panorama vese cada vez máis escuro pois, aparte do
iPhone, os terminais baseados en Android tamén están a competir cos móbiles de
Palm, de aà que Bloomberg
publique que a compañÃa está a buscar un posible comprador,
dedicándose a tal empresa Goldman Sachs e Frank Quattrone (Qatalyst Partners).
A situación de Palm no sector dos teléfonos intelixentes é bastante precaria,
pois só conseguiu facerse co 4,3% deste mercado, pese a gozar de bastante
promoción, mentres que RIM ocupa o 44% e Apple o 24%. De todos os xeitos,
parece bastante probable que Palm acade comprador, pois hai rumores de que
compañÃas coma HTC, Lenovo, Dell, ZTE ou Huawei poderÃan ter certo interese en
facerse con tal marca.