Pagan 5,1 millóns de dólares por Toys.com

luns, 2 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Cando parecía que as vendas de nomes de dominio de Internet deixaba de ser un bo negocio ante a diversidade de dominios de primeiro nivel, unha intensa poxa entre Toys ’R’ Us e National A-1 (empresa que conta na súa carteira con dominios coma free.com, boys.com e girls.com) para facerse con Toys.com, dominio polo que finalmente pagaron 5,1 millóns de dólares.
Aínda que a cantidade económica pareza moi elevada, hai que recoñecer que a forza de ter un dominio coma Toys.com (xoguetes.com) é especialmente importante de cara a un posicionamento futuro na Rede por parte dunha tenda de xoguetes como é Toys ‘R’ Us.

PUBLICIDADE