Padrón e Narón estrean aulas da rede CeMIT

venres, 25 de marzo do 2011 Redacción

O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, destacou hoxe a aposta do Goberno galego por achegar as novas tecnoloxías a todos os cidadáns, e puxo coma proba disto o impulso que a Xunta está a dar á rede CeMIT, que conta con 94 aulas presentes en 88 concellos galegos.
Alfonso Cabaleiro, secretario xeral de Medios, dende a aula CeMIT de Padrón, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, dende a aula CeMIT de Narón, participaron este serán no acto de posta en servizo das devanditas instalacións a través dunha videoconferencia con conexión tamén co centro CeMIT de Abegondo. O alcalde deste concello deu os parabéns aos outros dous municipios pola súa integración na Rede de Centros de Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia.
Cabaleiro destacou a aposta da Xunta en achegar as novas tecnoloxía a todos os cidadáns, poñendo como exemplo á rede CeMIT; tamén detallou que a Secretaría Xeral de Medios destinou 120.000 euros a cada unha das aulas multimedia postas en servizo hoxe, contando cada unha con 20 ordenadores, permitindo que os cidadáns poidan utilizar internet de balde e participar en todas as actividades e cursos que nelas organizan empresas e colectivos do municipio e a propia Xunta.

PUBLICIDADE