PSPgo.co.uk leva á páxina web da Nintendo DSi

luns, 17 de agosto do 2009 Marcus Fernández

Os nomes de dominio de Internet non sempre rexístranse para a súa explotación, senón que a súa contratación pretende protexer unha marca ante posibles abusos, pero resulta curioso que Sony non tome este tipo de precaucións, e así, nas últimas horas distintas páxinas webs especializadas en videoxogos están a facer burla do feito de que baixo o dominio PSPgo.co.uk estea hospedada a páxina web promocional da consola portátil Nintendo DSi, o que resulta realmente paradoxal, por remitir o nome dun produto á páxina web do seu principal competidor, o que de ser obra das propias compañías sería un caso de competencia desleal, pero que nesta ocasión parece ser unha táctica para crear certo rebumbio e poder así vender o dominio polémico a un bo prezo.
ACTUALIZACIÓN: O dominio PSPgo.co.uk remite actualmente a unha páxina web dende a que venden o dominio sonypspgo.cn, rematando así coa polémica.

PUBLICIDADE